O Partido Popular arremete contra o proxecto de creación dunha Axencia para as Industrias Culturais

Cousas da axencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
É aínda un proxecto pero non está exento de polémica. O Partido Popular arremeteu onte duramente contra a “Axencia Galega das Industrias Culturais”, un organismo presentado por cultura que pretende coordinar as actividades do goberno relativas a todos os sectores culturais. Entre as críticas dos populares está a de pretender mercantilizar e privatizar a política cultural, ademais de ser unha forma para evitar o control parlamentario e a legalidade das súas contas. O borrador da “Lei de Creación da Axencia” explica que o control externo da xestión económica corresponde ao Consello de Contas e o interno á Intervención Xeral da Comunidade. Por outra banda, a intención de Cultura é a de aprobar a lei este ano.

Máis información sobre as críticas ao proxecto en El Ideal Gallego e en La Voz de Galicia e sobre a creación de AGADIC na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Partido Popular, Culturagalega, La Voz de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais