Cultura presenta o anteproxecto da Axencia para as Industrias Culturais

Camiño de AGADIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A dobre dimensión da cultura, a identitaria e a industrial, marca o gran cambio iniciado pola consellaría de Cultura: a substitución do IGAEM pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Un organismo que se encargará de coordinar as actividades do goberno relativas a todos os sectores culturais. Por iso, acaban de presentar o Anteproxecto de Lei de creación deste organismo que pretenden aprobar no Parlamento este ano. Entre as finalidades de AGADIC está o de impulsar a participación do tecido empresarial no eido cultural, fomentar a demanda de produtos culturais e potenciar o programas de investigación neste ámbito.

Máis información no web da Consellaría de Cultura e consulta o anteproxecto de lei

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Axencia Galega das Industrias Culturais