O Parlamento aproba Agadic, a entidade para promover as industrias da cultura

38 contra 35

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Con 38 votos a favor e cos 35 do Partido Popular en contra, o pleno do Parlamento acaba de aprobar a creación da Lei da Axencia das Industrias Culturais. A entidade substitúe ao IGAEM e ten entre as súas finalidades apoiar, tanto en Galicia como no exterior, a produción privada galega no ámbito da cultura, nos campos da edición do libro, as artes escénicas, musicais, plásticas e visuais máis o audiovisual. A nova figura entrará en vigor o día seguinte da publicación do texto no DOG e, segundo figura na nota de prensa da Consellaría de Cultura, de seguido se aprobará “vía decreto” o seu Estatuto de Funcionamento.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Partido Popular, IGAEM, Axencia Galega das Industrias Culturais