Cos votos a favor do BNG e do PSOE e cos do PP en contra, nace a Axencia Galega das Industrias Culturais. Unha entidade que substitúe ao IGAEM, o Instituto Galego das Arte Escénicas e Musicais, por unha axencia onde o principal obxectivo é fomentar o tecido empresarial que existe arredor do sector cultural galego. Unha figura non exenta de polémica que se sitúa nas tendencias das políticas culturais e que estará en marcha antes de que remate o ano.
En primeiro lugar, de todas as figuras xurídicas posibles para crear este tipo de entidade, como un organismo autónomo ou unha entidade pública empresarial, a consellaría de Cultura propuxo crear unha axencia. E isto significa que non depende organicamente deste departamento senón que simplemente estará adscrito. Un matiz importante xa que a dirección estratéxica, a avaliación e o control dos resultados da súa actividade non depende da Consellaría (e, polo tanto, conforme ao dereito público e aos criterios fiscalizadores e orzamentarios que ten establecidos a Administración) senón que han de estar figurados no contrato de xestión e nos seus Estatutos. En todo caso, a propia lei establece que o propio Consello de Contas será o encargado da súa fiscalización externa.
Ánxela Bugallo, a conselleira de Cultura, explicou na intervención previa ao debate no que se aprobou a lei, que é o modelo máis áxil para as súas funcións e garante tanto o control e fiscalización pública como a participación activa na mesma dos propias actores. De feito, é a fórmula pola que se está a apostar tanto noutras administracións autonómicas como estatais. A actual lei do cine contempla a conversión (xa en marcha) do Instituto da Cinematografía e Artes Audiovisuais en Axencia. Pero non é a única, El Pais avanzaba a semana pasada que o ministro de Cultura, César Antonio Molina, ten previsto crear a Axencia Estatal das Artes Escénicas e da Música, só pendente do beneplácito dos ministerios de Administracións Públicas e Facenda. En todo caso, tal e como figura na exposición de motivos do anteproxecto da lei, pretende a creación dunha organización instrumental especializada ao servizo do desenvolvemento do tecido empresarial propio do mercado cultural galego.
Para que vai servir?
A nova entidade foi aprobada onte coa oposición firme do Partido Popular, que denunciou que rexeitaran todas cantas emendas presentaron ao texto, mentres cuestionaba a utilidade deste organismo, así como a súa transparencia, citando un informe do Consello Económico e Social que avaliaba negativamente o proxecto.
Con todo, o artigo 4 do proxecto de lei aprobado onte establece ata sete puntos como fins principais desta nova entidade. Un de carácter xeral para garantir o progreso da cultura galega e con el o idioma e a identidade cultural do noso país. En segundo lugar, fortalecer o tecido empresarial nun mercado dinámico, sustentable e plural. Como terceira finalidade cómpre fomentar a demanda de produtos culturais. A lei tamén deixa un oco para potenciar programas de investigación e desenvolvemento cultural, estreitar a coordinación entre as administracións públicas cos axentes privados, así como favorecer a creación e produción artística e cultural das mulleres e a súa difusión.
Na súa intervención no Parlamento, Ánxela Bugallo destacou que a idea motriz é a de ser o instrumento administrativo especializado no desenvolvemento de políticas para a industria cultural tanto no exterior como no interior. E matizou aínda máis ao considerar que a súa creación responde a unha necesidade de sustentar o talento dos nosos empregados e a forma de chegar e garantir que a galegas será unha sociedade xeradora de discurso cultural.
A estrutura
Hai dúas figuras claves no desenvolvemento de Agadic como son o contrato de xestión e, pola outra banda, os estatutos. Son os dous primeiros pasos que terán que dar para poder poñer en marcha esta nova figura que, segundo explicou onte a conselleira de Cultura, comezará a andar antes de que remate o ano.
Polo demais, os órganos de goberno de Agadic son, segundo figura na lei, o consello de dirección e o director. O director estará nomeado polo Consello da Xunta, por proposta da persoa titular da Consellaría de Cultura. En canto aos requisitos e cualificacións que debe cubrir o futuro director, estarán determinados nos estatutos, do que aínda non se sabe nada. En canto ao Consello de Dirección, preside o conselleiro/a de Cultura (neste caso Ánxela Bugallo) e estará formado polo director xeral e o subdirector de Creación e Difusión Cultural, o director de AGADIC, un representante da consellaría de Innovación e Industria e outro da de Economía e Facenda, estes dous últimos con rango de director xeral. Unha composición un pouco diferente ao ICIC, o Instituto Catalán das Industrias Culturais, unha entidade semellante que leva funcionando seis años en Cataluña e que conta cun director, un consello xeral e un consello de administración (estes dous últimos cunha representación moito máis ampla que o galego, ao incluír máis departamentos de goberno, así como representantes do sector das industrias culturais). No caso galego, os representantes do sector estarán concretados nos futuros estatutos, pero a lei xa avanza que formará parte do consello asesor que se encargará de emitir informes e achegar propostas ao consello de dirección. En todo caso, serán os estatutos desta entidade os que aclararán as dúbidas sobre a composición e forma de funcionamento.
Todo o sector da empresa da cultura ten que saber que se este proxecto de lei contará coa ferramenta innovadora, adaptada ás dúas necesidades, para consolidar o tecido empresarial asegurou onte Ánxela Bugallo.