Cultura crea a Axencia Audiovisual Galega para agrupar a súa actividade en materia audiovisual

Web 3.0

28/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“A casa do audiovisual” así definiu Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, a Axencia Audiovisual Galega. Un organismo, dependente da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, que nace co obxectivo de consolidar o audiovisual con identidade propia. A Axencia conta co seu propio sitio web no que haberá un espazo para a actualidade do sector e unha oficina de produción virtual a través da que se ofrecerá asesoramento continuo aos creadores en todas as fases de realización do proxecto.

Máis información no web da Consellaría de Cultura, no da Axencia Audiovisual de Galicia e consulta a nova sobre a creación do portal “Audiovisual de Galicia” na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Audiovisual Galega, Ánxela Bugallo, Identidade, Culturagalega

Claves

Protagonistas
Conceptos