A Axencia Audiovisual Galega cumpre un ano e anuncia cambios nas subvencións

A axuda da axencia

12/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Naceu para ser o organismo que coordinara a política audiovisual da Consellaría de Cultura e Deporte. A Axencia Audiovisual Galega cumpre un ano e publica un informe para facer balance da súa curta andaina. Entre as actividades desenvolvidas destaca as campañas de promoción e recuperación do patrimonio audiovisual que estenden as nosas fronteiras. Ademais, o director da Axencia, Manolo González, explica en “La Voz de Galicia” que o ano que vén traerá cambios nas subvencións que concede esta consellaría. Haberá axudas para creadores, que serán de carácter anticipado, e outras destinadas á industria. Neste segundo caso, serán axudas automáticas que se establecerán en función de todas as ventás de explotación dunha produción audiovisual, que vai desde a entrada no cine ata o número de espectadores en televisión.

Máis información no web da Axencia Audiovisual Galega sobre as actividades deste primeiro ano e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Audiovisual Galega, La Voz de Galicia, Manolo González, Cine

Claves

Protagonistas
Conceptos