Ánxela Bugallo pide un organismo independente que coordine as actuacións en materia de audiovisual

Un organismo para agrupalos a todos

28/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A conselleira de Cultura, Ánxela bugallo, aproveitou a súa participación no pleno ordinario do Consello Asesor das Telecomunicación para demandar a creación dun órgano que coordine todas as actividades en materia de audiovisual. Unha petición que tamén fixeron os profesionais do sector ao longo desta fin de semana, como resposta á convocatoria de axudas feita pública pola consellaría de Cultura o pasado venres. Ademais, Ánxela Bugallo reclama unha coordinación nas materias deste campo que, segundo ela, non se están a dar. As competencias en materia de audiovisual correspóndenlle organicamente ao presidente Emilio Pérez Touriño, a través da Secretaría xeral de Comunicación, na que se integra a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

Máis información sobre a petición de Ánxela Bugallo en La Voz de Galicia e en Vieiros, sobre a petición do sector en La Voz de Galicia; e sobre a convocatoria de axudas ao sector na nosa nova

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, La Voz de Galicia, Vieiros, Emilio Pérez Touriño...