O Consello da Xunta non actualiza o decreto de composición do CGAI, que continúa en Presidencia

Un lugar no organigrama

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Cando o novo goberno levou a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Consellaría de Cultura a Presidencia, todos os organismos do audiovisual cambiaron de lugar no organigrama. Un feito que implicaba a actualización dos decretos de creación de organismos como o Consorcio Audiovisual de Galicia e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). O Consello da Xunta do pasado xoves actualizou o do Consorcio pero non o do CGAI. Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, apuntou hai uns meses en varias entrevistas que agardaba que lle cederan as competencias do CGAI, entidade que o gabinete de prensa da Secretaría Xeral de Comunicación confirma que segue dependendo de Presidencia.

Máis información sobre o CGAI no seu web e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Ánxela Bugallo, Comunicación Audiovisual, Consorcio Audiovisual de Galicia...