O goberno non nomeou ao director do CGAI sete meses despois de ser anunciado

Actualizar os decretos

15/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O pasado marzo o secretario xeral de Comunicación, Fernado Salgado, anunciou a Jaime Pena como novo director do Centro Galego de Artes da Imaxe. Sete meses despois, o seu nomeamento segue sen ser efectivo e, segundo explica, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual (DXCA), Manuel José Fernández, débese a un problema estrictamente xurídico. A DXCA está elaborar un decreto que permita o funcionamento organizado do CGAI. En todo caso, no horizonte deste departamento está a reorganización total do panorama do audiovisual (en coherencia coa reforma normativa que se está a debater no ámbito estatal) que non se producirá antes dous ou tres anos xa que precisa de consenso de todos os sectores implicados.

Máis información sobre o CGAI na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Manuel José Fernández, Comunicación Audiovisual, Culturagalega...