Escrigas marca como obxectivo para o CGAI a recuperación do patrimonio audiovisual

Recuperar o tempo perdido

1/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández, presentaba na Coruña o novo director do Centro Galego de Artes da Imaxe. Guillermo Escrigas ponse á fronte dunha entidade que acusa o atraso de estar máis de dous anos sen director e tras varios nomeamentos fallidos. Na primeira intervención pública, o novo director anunciou que o principal obxectivo pasa pola recuperación e difusión do patrimonio audiovisual galego espallado polo mundo. Ademais, Escrigas anunciou que reivindicará, a través dun ciclo, a galeguidade de George A. Romero, descendente de galegos coñecido por ser o director do filme de culto "A noite dos mortes vivintes". Canda á súa intervención, Jaime Pena anunciou a programación para os vindeiros meses. Na axenda prevista está a primeira participación do CGAI no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, que permitirá programar no centro ao longo do mes de outubro a retrospectiva sobre o cineasta francés, Philippe Garrel.

Máis información no web da Xunta e sobre a elección do director na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Cine, Manuel José Fernández, Comunicación Audiovisual...