Guillermo Escrigas é o director do CGAI despois de dous intentos fallidos

O terceiro home

21/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Primeiro nomearon a Antonio Simón, despois a Jaime Pena e agora sae á palestra o nome de Guilermo Escrigas (Ferrol, 1953). O gabinete de prensa da Secretaría Xeral de Comunicación confirmou que o Centro Galego de Artes da Imaxe ten director despois de case tres anos desde que Jose Luis Cabo fora cesado do seu posto. Ata o momento, Escrigas traballaba como xerente do Centro Galego de Arte Contemporáneo Carlos Maside e como documentalista do Grupo Sargadelos. Ademais, no seu currículo destaca a recuperación da película "Botadura do Acorazado Alfonso XIII", que ofrece as primeiras imaxes en movemento que se conservan sobre Galicia.

Máis información no web do CGAI en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Maside, Carlos Maside, Centro Galego de Artes da Imaxe...