Unha conversa con Guillermo Escrigas era como unha viaxe no tempo cara os inicios do prelo en Galicia, exemplares de xornais do século XIX, fragmentos de pelÃculas antigas, sobres con coleccións fotográficas inéditas ou curiosidades da Galicia do século XX. Escrigas morreu en Madrid aos 68 anos de idade. Xubilárase como director do Centro Galego das Artes da Imaxe (2019), onde chegara en 2007 tras un complicado proceso de elección do novo responsable da filmoteca, tres anos despois de que José Luis Cabo fora cesado do posto. Dous anos despois da súa xubilación do CGAI, a ConsellerÃa de Cultura aÃnda non designou substituto para este posto. Escrigas, economista de formación, nacera en Ferrol no ano 1953 e fora anteriormente xerente do Centro Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, documentalista do grupo Sargadelos, e participara en diversas publicacións e proxectos vinculados á recuperación documental e bibliográfica da memoria do século XX galego. A súa sona como bibliófilo e coleccionista convertÃao nun dos principais expertos de referencia á hora de localizar documentación, pistas á hora de procurar datos biográficos sobre algunha figura ou algunha publicación e obxecto de excepción. Como recuperador da memoria audiovisual de Galicia, participou na recuperación da pelÃcula "Botadura do Acorazado Alfonso XIII", que ofrece as primeiras imaxes en movemento que se conservan sobre Galicia.