O DOG publica hoxe o decreto que sitúa o CGAI na Secretaría Xeral de Comunicación

CGAI con decreto

10/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O decreto 131/2007 regula a situación na que vivía o Centro Galego de Artes da Imaxe despois do cambio das competencias en materia de audiovisual co cambio de goberno. O texto publicado hoxe no DOG modifica o decreto de creación do CGAI, que o situaba dependente da Consellaría de Cultura, par fixalo na nova estrutura orgánica. Segundo o novo decreto, é a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, quen deberá propoñer o nomeamento do director ou directora. O centro poderá contar agora con esta figura case ano e medio despois de ter cesado do posto a José Luis Cabo.

Máis información no DOG e sobre o reparto de competencias na materia no noso tema

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Comunicación Audiovisual, Centro Galego de Artes da Imaxe, Culturagalega