O Consorcio Audiovisual de Galicia pasa a depender da Consellaría de Presidencia, a través da súa Dirección Xeral de Comunicación

Bicefalia audiovisual

16/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O cambio de lugar da Dirección Xeral de Comunicación dentro da estrutura orgánica da Xunta leva parello outras remudas. Entre elas, segundo confirmou o gabinete de prensa de Cultura, está que o Consorcio Audiovisual de Galicia pasa a depender da Consellaría de Presidencia a través da citada dirección xeral. Sen embargo, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), continúa sendo competencia da Consellaría de Cultura. Polo demais, desde o goberno aínda non se deron a coñecer os nomes que presidirán e dirixirán ambas entidades.

Máis información en El Correo Gallego e consulta o decreto que regula a composición e funcionamento do Consorcio no seu web

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia, El Correo Gallego, CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe