Cultura e Industria non pagan as súas cotas como membros do Consorcio Audiovisual

A comunicación e a cultura

4/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Un total de 500.000 euros. Esta é a cantidade que, segundo publica hoxe “La Voz de Galicia” deben as consellarías de Industria e Cultura ao Consorcio Audiovisual de Galicia. Segundo este mesmo xornal, Cultura recoñece a existencia desta débeda e xustifícaa alegando falta de colaboración por parte da Secretaría Xeral de Comunicación. Co bipartito, as competencias en materia de audiovisual están repartidas entre Cultura e o departamento que dirixe Fernando Salgado, que deu lugar a numerosas protestas, entre elas, a situación do CGAI que continúa sen director desde hai máis dun ano.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre o CGAI na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Culturagalega, La Voz de Galicia, Consorcio Audiovisual de Galicia