Recreación do amuleto do trilobite atopado na Cidade de Armea (Allariz)
Como xa é tradicional, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (PACC) fixo o seu repaso anual dos dez achados arqueolóxicos do ano en Galicia. 2025 foi un ano moi produtivo desde o punto de vista arqueolóxico, con achados moi diversos desde o Paleolítico ata a Idade Moderna.
O PACC destaca o achado na cova Eirós (Triacastela) dun fogar con numerosos restos de material orgánico e instrumentais correspondentes ao Paleolítico Medio.En Vimianzo apareceu un "importante conxunto de petróglifos" no lugar de Trasouteiro. Os novos paneis inclúen un conxunto de motivos xeométricos, circulares ou mesmo unha espiral encadrables na Idade do Bronce. Na Idade do Ferro, destácase a aparición de foxas de cremación nos fogares domésticos do castro de Viladonga (Castro de Rei), que foron interpretadas polo arqueólogo Álvaro Pérez como espazos de enterramentos infantís. Algunhas das foxas contan con materiais arqueolóxicos como cerámica, fusaiolas ou mesmo unha das raras moedas da caetra.
Sorpresas romanas
Tamén no concello de Lugo houbo un novidoso achado no seu balneario, onde se escavou unha gran superficie dunha piscina romana do balneario. A sorpresa chegou cando, grazas ás condicións do solo, apareceron numeroso materiais tanto orgánicos como inertes, como fragmentos de aras votivas intencionalmente destruídas como madeiras, coiro, cerámicas, armas ou ósos. O conxunto comprende entre os séculos I e V. Na cova Eirós (Triacastela) atopouse un fogar con numerosos restos de material orgánico e instrumentais correspondentes ao Paleolítico Medio. No castro do Castelo dos Mouros, na illa de Ons, apareceu un novo tesouriño de 109 moedas de bronce, datadas posiblemente no seculo IV, que se complementan con importantes evidencias de uso da zona extramuros do Canexol, a rentes da praia, onde baixo as instalacións das factorías romanas apareceron niveis da Idade do Ferro. O equipo de escavación na cidade de Armea (Allariz) presentou os resultados dun excepcional achado, un trilobite empregado como amuleto entre os séculos I-II d.C. O fósil procedía da zona do Sistema Central ou do Sistema Ibérico, a máis de cincocentos quilómetros do xacemento alaricán. Ao tempo, en Vilamartín de Valdeorras avanzaron as escavacións no castelo de Valencia do Sil. Trátase dun complexo vinculado ás elites ruais de época tardorromana, con usos residenciais e de traballo doméstico.
En Esperante, no concello de Lugo, saliéntase a aparición dunha xanela prerrománica "que podería ser a máis antiga da súa tipoloxía en Galicia", entre os séculos VIII e X, e as súas columnas poderían proceder dun edificio tardoantigo anterior. A xanela ten unha tipoloxía frecuente nas igrexas do prerrománico asturiano. O mar tamén deitou novoso achados, como un canón de bronce de 50 centímetros de lonxitude na zona da Punta Sardiñeiro (Fisterra), e que podería pertencer á flota de Padilla, afundida fronte ás costas de Fisterra e da que xa teñen aparecido outros achados.
E rematamos coa guerrilla antifranquista. O PACC salienta a exhumación, no cemiterio de santa María de Luou (Teo) de catro membros da V Agrupación Guerrilleira de Galicia, asasinados durante un combate coa Garda civil en 1948. Os investigadores consideran que se trata de Ricardo Fernández Carlés, natural de Pontecesures; Florentino Menéndez Palacios, de Peñarrubia (Sama de Langreo); Manuel Agrasar Cajaraville, o “Barbarroxa”, da Matanza (Iria Flavia, Padrón); e Vicente López Novo, co alcume de “el hijo de la Nova”, natural de Santa Uxía de Ribeira. Os investigadores consideran que se trataba dunha partida comandada por Benigno Andrade "Foucellas".