O Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Las escolle os 10 achados arqueolóxicos do 2023

Lápidas funerarias, forxas galaicas, ídolos prehistóricos ou murallas tardoantigas entre os achados

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Ídolo placa na mámoa do Santo (Doade, Lalín). Foto: CADO Arqueoloxía

Ídolo placa na mámoa do Santo (Doade, Lalín). Foto: CADO Arqueoloxía

2023 foi un ano fecundo en achados arqueolóxicos e, como xa é habitual, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrán de Las elaborou a súa escolma de dez intervencións arqueolóxicas que exhumaron achados relevantes. Entre os achados, o PACC de San Cibrán de Las destaca as laudas funerarias romanas atopadas durante obras de peonalización en Lugo, un importante nivel da Idade do Ferro por debaixo da trama urbana romana de Armea (Augassantas, Allariz), unha forxa completa de época galaicorromana no castro do Sarridal (Cedeira), un ídolo-placa feminino de xisto nunha mámoa de Lalín, as murallas de Castro Valente (Padrón), entre a Antigüidade tardía e a Idade media, o falo-afiador da Torre de Meira (Moaña), a configuración da muralla da roda de Adai (Lugo), un monumento circular da Idade do Bronce e o seu contrapunto no de Vilarello, habitado entre os séculos XI a.C. e V a.C., e testemuña estre esa época e a Idade do Ferro, os espectaculares torques de ouro de Betanzos, ou a cabana circular de Soutolobre, que ten no seu interior dúas grandes pedras con gravuras.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, Lugo, Torre, Idade Media...