O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa lista os dez achados arqueolóxicos de 2021

A entidade sitúa a datación de Penas do Castelo como a principal descuberta neste campo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa lista os dez achados arqueolóxicos de 2021

Como está a facer nos últimos anos, o equipo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, situado en San Cibrao de Las, facía público estes días nas súas redes sociais a selección dos dez principais achados arqueolóxicos que se desenvolveron en Galicia durante 2021. Encabeza a listaxe a datación de Penas do Castelo, na Pobra do Brollón, como un dos castros documentados máis antigos de Galicia, estudo do que demos conta amplamente en Culturagalega.gal.

Destacan ademais a descuberta de olas cerámicas ao carón das murallas do castro de San Millao, Cualedro, no que podería ser a primeira necrópole castrexa do país, e a aparición dunha cabeza antropomorfa na Cibdá de Armeá, Allariz. As tumbas de San Xoán da Cova, en Viveiro, o santuario rupestre da Quenlla dos Carballos, onda o Ulla, e mais a grella forno que se atopou no castro de San Lourenzo de Cereixa, de novo na Pobra do Brollón, continúan a listaxe.

Finalmente, os canóns recuperados da Ría de Ribadeo, o hórreo romano de Proendos, un suposto taboleiro de xogo localizado en Castro Curbín (Arzúa) e a mina romana de Tabagón-O Rosal fechan a selección.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A porta que morreu parando un incendio

A porta que morreu parando un incendio

A nova campaña arqueolóxica nas Penas do Castelo (A Pobra do Brollón) revela as trazas da porta orixinal do castro e un intrigante petróglifo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Pobra do Brollón, Culturagalega, Facebook...