O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa propón os dez achados arqueolóxicos de 2020

Os supostos aneis dos bispos enterrados en Santo Estevo de Ribas de Sil encabezan a listaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Unha listaxe dos dez achados arqueolóxicos máis importantes de 2020. Isto é o que facía público este dez de xaneiro no seu Facebook o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, situado en San Cibrán de Las. No mesmo, aparecen no primeiro posto os catro aneis atribuídos aos bispos "santos" que apareceron en Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín. A machada votiva de bronce descuberta no Castro de Viladonga, o primeiro campo de fosas funerarias galego, localizado en Palas de Rei, a Virxe gótica achada no río Sar e o castro de Barreiros, co seu posible monumento con forno, seguen na lista dos máis destacados.

🆕 🔊 1️⃣0️⃣ Achados arqueolóxicos🔝en #Galicia durante 2️⃣0️⃣2️⃣0️⃣ 😷😮👇 #arqueoloxia #arqueologia #archaeology...

Publicado por Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa - PACC em Domingo, 10 de janeiro de 2021
Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil, Facebook, Castro de Viladonga, Sar...