Publícanse as imaxes dos achados da primeira necrópole de fosas funerarias de Galicia

Localizáronse numerosos vasos de incineración e fibelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Fibela localizada na Xesteira das Palinas. Foto: Lenda Visual

Fibela localizada na Xesteira das Palinas. Foto: Lenda Visual

O dezaseis de xaneiro de 2020 dimos a coñecer un importantísimo achado para a arqueoloxía galega. Durante os controis arqueolóxicos realizados para a construción da autovía A-54 no seu tramo Palas-Melide, o arqueólogo Emilio Ramil localizaba o que se considera o primeiro campo de fosas funerarias atopado en Galicia e no noroeste ibérico. Estaba en Xesteira das Palinas (Palas de Rei, Lugo). Tratábase dunha necrópole datada a finais da Idade do Bronce, composta por 55 fosas funerarias das que foron escavadas 40. No interior de cada unha delas había recipientes cerámicos que albergaban as cinzas dos defuntos, e ás veces tamén algunhas xoias, como fibelas. A empresa Lenda Visual, que documentou graficamente todo o proceso, publicou os primeiros materiais audiovisuais dos achados.

Un momento histórico: a escavación da primeira furna fureraria atopada en Galicia:

Proceso de escavación das fosas funerarias:

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Idade do Bronce, Palas de Rei, Melide...