Un documental rexistrará os testemuños vencellados á reivindicación do galego

Fai parte dun convenio do Consello da Cultura e Educación de traballos técnicos sobre o idioma

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un ano despois do primeiro convenio entre o Consello da Cultura e a Consellaría de Educación, ambas entidades volven colaborar xuntas nun traballo de carácter técnico sobre o idioma. A través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro de Documentación Sociolingüística compartirán materiais para documentar o proceso de normalización lingüística e iniciar accións de divulgación. Por importe de 40.000 euros (35.000 que achega Educación e 5.000 do Consello da Cultura) desenvolverase un buscador que peneira na prensa para buscar novas relacionadas coa sociolingüstica e coa planificación (o proxecto chámase lingua en titulares), así como o desenvolvemento web para compartir recursos destinado á promoción do galego (d-Lingua). Canda estas acción vencelladas á Rede de Dinamización Local, o convenio establece a elaboración dun documental que recolla testemuños de personalidades vencelladas á reivindicación e promoción do galego na nosa historia recente.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Documental, Normalización Lingüística, Política Lingüística...