Armando Requeixo faise co XXXII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro

O galardón que convoca o Concello de Lalín conta dunha dotación de 4.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Armando Requeixo. Fotografía de Chus Varela. Fonte: AELG

Armando Requeixo. Fotografía de Chus Varela. Fonte: AELG

O artigo "O contemplador de estrelas. Álvaro Cunqueiro, gastrónomo", publicado no suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo valeulle a Armando Requeixo facerse co XXXII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro. O Concello de Lalín, que organiza o galardón coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago cas asociacións gastronómicas galegas e coa Axencia Turismo de Galicia, daba a coñecer este 13 de xaneiro o fallo, que o xurado adoptou por unanimidade.

O premio, recoñecido como o galardón periodístico máis importante de España, conta cunha dotación de 4.000 euros e foi para un artigo do que o xurado valorou "a calidade literaria do traballo no que amosa un profundo coñecemento de Lalín e da cociña lalinense a través dun percorrido pola obra de Álvaro Cunqueiro como gastrónomo".

O alcalde de Lalín, José Crespo, os xornalistas Martín Fernández Vizoso; Alberto Barciela Castro; Belén Xestal Ares; María José Imia Vázquez, en representación de Turismo de Galicia; Xosé Ramón Pousa Estévez e a vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Alba Silva Rodríguez, a concelleira de Turismo, Begoña Blanco, e Inmaculada Vilariño do Gabinete de Comunicación do Concello de Lalín como secretaria conformaron o comité de selección.

Canda a Requeixo, foi galardoado con mil euros, na categoría de traballo académico, o grupo de estudantes do Dobre Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na USC, conformado por Antón López Eiroa, Javier Rodríguez Gonzalez e Abraham Rodríguez Santamaría, pola súa reportaxe multimedia Masa e Zaragallada. O xurado recoñeceu o seu gran labor xornalístico no tratamento gráfico e no desenvolvemento do mesmo. Os premios entregaranse o vindeiro 30 de xaneiro na Gala do Cocido.

Que che parece esta nova?
346 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Xornalismo, Armando Requeixo, Concello de Lalín...