Rafael Rodríguez Baixeras faise co Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro

O galardón está dotado con 3000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O xurado do XXVI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro acordou por unanimidade conceder o primeiro premio desta edición número XXVI ao libro Diccionario da comida galega do escritor Rafael Rodríguez Baixeras (Aira Editorial). O premio está dotado con 3.000 euros. O xurado concedeu o segundo premio a unha reportaxe sobre gastronomía en Galicia emitida en Antena 3 Televisión, cunha dotación de 1.000 euros e concedeuse o premio ao mellor traballo académico a Ana López, Tomás Sainz, Estefanía Santamarina, Rosa Ortiz e Alba Ulloa o premio ao mellor traballo académico, por A serea de Cunqueiro. O traballo Mar de Orixe, tamén realizado por alumnos, recibiu unha mención especial.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Xornalismo, Ulloa, Gastronomía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares