A RAG apela á responsabilidade da sociedade e goberno ante o devalo do espazo da comunicación

Elaborá un informe que afonda nas causas e solucións

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O peche do único diario monolingüe en galego (Galicia Hoxe) non é un síntoma preocupante, nin un daño colateral da crise económica senón moito máis segundo a Real Academia Galega. A entidade acaba de emitir un comunicado no que afirma ser unha “catástrofe no espazo da comunicación, que afecta á supervivencia e espallamento do idioma de Galicia, que limita a imprescindíbel pluralidade nunha sociedade democrática”, ademais da perda empresarial e a precarización dos traballadores deste eido. O documento lémbralle ás institucións públicas a súa responsabilidade nesta materia (recollidas no Estatuto de Autonomía, na Lei de Normalización Lingüística e no Plan xeral de normalización da lingua galega) á hora de distribuír prestacións, publicidade, subvencions e outras achegas con cargo a fondos públicos. A RAG anuncia tamén que elaborará un informe que afonde nas causas e posibles solucións ante o devalo do espazo da comunicación en Galicia.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Normalización Lingüística, Estatuto de Autonomía, Lingua galega, Galicia Hoxe...