Fréase a perda de galegofalantes

O Observatorio da Cultura Galega presenta un informe para os XII Encontros pola Normalización Lingüística

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Na última década, o galego está a conter a súa perda de falantes e increméntase o número de persoas bilingües, freándose o creceento do número de falantes monolingües en castelán. Estas son as principais conclusións dun informe que presentará mañá o Observatorio da Cultura Galega nos XII Encontros pola Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega na Facultade de CC. da Comunicación da USC.

En comparación cos datos máis antigos do estudo, en 1992, parece deterse a tendencia á caída dramática do galego como lingua inicial. Tamén se indica que o incremento de competencias no uso da lingua galega entre o 2003 e o 2008 foi espectacular.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A chave do futuro

A chave do futuro

Os XIV Encontros para a Normalización Lingüística céntranse na acción coa mocidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Observatorio da Cultura Galega, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, USC...