A Real Academia Galega insta ao goberno a afastar o galego da controversia partidaria

No comunicado solicita o desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización Lingüística

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Nun acto inédito e ante “os pronunciamentos e comunicacións públicas que dun tempo a esta parte se están a producir arredor da lingua galega”, a Real Academia Galega acaba de emitir un comunicado no que insta ao goberno a traballar “na procura dun acordo social integrador, a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma”. No documento, a RAG considera que ese acordo se debe sustentar en catro piares: arredar a lingua galega da controversia partidaria; o impulso do multilingüísmo; a reafirmación e desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega; e o compromiso de impulsar unha cooficialidade simétrica na que todos os cidadáns teñan “dereitos e deberes co castelán e co galego”.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Real Academia Galega, Normalización Lingüística