A Alameda de Compostela acollÃa esta mesma mañá o acto de sinatura da Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega, promovida pola Mesa pola Normalización LingüÃstica. Representantes de 12 partidos do paÃs, incluÃdo o Partido Popular, amosaban a súa vontade de "normalizar a lingua galega de devolverlle o protagonismo que nunca debeu perder" e comprometéndose a desenvolver as medidas precisas para "a súa reposición, rehabilitación e plena normalidade" desde aquelas institucións nas que os diferentes partidos teñen responsabilidades de goberno. No texto apúntase como punto de partida para estas accións o establecido no Plan Xeral de Normalización LingüÃstica, na Lei de Normalización LingüÃstica e mais na Lei de uso do galego nas entidades locais. Ao encontro acudiron representantes de PP, PSdeG, Anova-IN, BNG, Esquerda Unida, Podemos, Cerna, Compromiso por Galicia, Converxencia XXI, Alternativa dos Veciños, Coalición Galega e Terra Galega.