Seis medidas "urxentes, rápidas e eficaces para comezar a reverter o proceso de substitución lingüÃstica". Esta é a proposta ao conxunto da sociedade galega que presentaba esta mañá a Mesa pola Normalización LingüÃstica en Compostela. A partir da Carta Europea da Linguas e do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, a organización reclámalle ao conxunto da sociedade e en particular á Xunta que implemente estas propostas "sinxelas, con apenas custe, que se poden iniciar mañá mesmo, e que só poden ter un efecto positivo sobre o conxunto do pobo galego", segundo indicou Marcos Maceira, presidente da entidade.
En concreto, as propostas da Mesa abordan ámbitos como o impulso ao papel normalizador da CRTVG. Dentro deste apartado inclúese a reclamación de máis programas infantÃs na canle pública, a creación de espazos dedicados á cultura do paÃs ou incrementar a dobraxe e o lexendado de filmes e series no noso idioma.
A nivel de ensino, a Mesa reclama a inmersión lingüÃstica en educación infantil ou unha maior oferta de materiais didácticos e de xogos e propostas de lecer para os máis novos. Recuperar o galego como lingua vehicular na administración, especialmente na sanitaria e de xustiza. Do mesmo xeito, reclámase unha sinalización axeitada en galego no ámbito do transporte e na toponimia.
Ademais, reclaman que se condicionen as axudas e subvencións da Xunta á utilización efectiva da lingua galega, especialmente naquelas dirixidas á Igrexa Católica e aos medios de comunicación. Dentro da baterÃa da mesa tamén se reclama un convenio coa RTP de xeito que se poida recibir en toda Galicia a televisión portuguesa e á inversa, levar o sinal da TVG alén Miño.
A asociación reclamou ademais unha entrevista co presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, para lle expor estas iniciativas.