Desde 2007, a Asociación de Escritores en Lingua Galega desenvolve, a través da súa sección de Literatura Oral, as polafías. Esta iniciativa recolle contos, cancións e historias populares en encontros por todo o país e súbeas á rede. Antonio Reigosa, coordinador desta iniciativa, explícanos como funcionan e ata que punto axudan a mudar a percepción sobre as nosas propias tradicións.
Xuntar un grupo de xente de certa idade do rural nun local e nunha data concreta. Ilos facendo pasar por un escenario e similar e que conten un sucedido, canten unha canción ou expliquen algunha lenda ou tradición. Gravalo todo e por unha selección de videos na rede. A priori, semella unha proposta ben sinxela ao alcance de calquera, pero leva un grande traballo de concienciación e de contactos detrás. Este é o que desenvolve Antonio Reigosa desde a sección de Literatura Oral da Asociación de Escritores no programa Polafía. O proxecto ten por obxecto divulgar e dinamizar a oralidade, especialmente no que se refire á tradición oral, e de paso a música e todo o relacionado coa transmisión de cultura por esta vía. O nome é un neoloxismo que combina varias das denominacións que se lle dan aos encontros festivos en diferentes partes do noso país (fiadeiros, fía, fiandóns, polavilas ou seráns, entre outros). Desde 2007 celebráronse xa dezaoito destes encontros, en lugares como A Fonsagrada, Cerdedo, San Cibrao, San Martín de Valdorras ou Xanceda, en Mesía. Como resultado deste traballo, o web da iniciativa recolle xa máis de 300 vídeos. Fixéronse en todas as provincias, aínda que é certo que houbo máis na Coruña e en Lugo porque o proxecto conseguiu máis apoios das deputacións.
O programa
Montamos como un espectáculo en cada lugar, explica Reigosa. Casas da cultura ou antigas escolas en vilas e parroquias rurais son os locais habituais para esta actividade. Non temos un guión ríxido pero si unha guía previa sobre quen vai participar e mais ou menos o que van dicir.. Normalmente intercálanses pezas musicais, romances e contos xunto con historia do lugar, oficios ou técnicas. Moitas veces acompañamos os acto con proxeccións de fotografías de historia do lugar. En realidade é unha posta en común do pasado co presente mediante a oralidade. A elaboración do guión das diferentes sesións é o máis complicado desta iniciativa. Non é sinxelo convencer a xente, e mais se falamos dos máis vellos do país, a que vaian contar as súas historias en público, en boa parte porque moitos non consideran que eses saberes sexan de interese para ninguén. Unha autoxenreira que dificulta en moitas ocasións conservar e difundir este importantísimo legado. O máis difícil e contactar a nivel local para cada unha das polafías e logo convencer a xente que interesa.
A dificultade
O traballo previo que desenvolven asociacións locais e veciños que actúan como mediadores entre o proxecto e os protagonistas de cada unha das sesións é fundamental para que as polafías teñan lugar. O trato coa xente ten que sen de confianza, se non a maioría non participaría. En xeral a xente non é consciente da importancia que ten o que sabe, e mesmo creando un ambiente veciñal con certa confianza ás veces custa convencelos para que se poñan no escenario explica Reigosa. Ás veces o que os anima e lles toca a fibra sensible é a idea de que os poidan amigos, veciños ou familiares que están na emigración.
Dous traballos
E é que o traballo das polafías ten un duplo sentido. Se por unha banda achega a tradición oral á rede e conserva unha mínima parte destes saberes para as novas xeracións, pola outra tamén axuda a que os seus portadores os recoñezan como algo importante. Malia a que polo momento é cedo para sabermos ata que punto esta iniciativa está a mudar esa percepción, Reigosa recoñece que os primeiros resultados son moi alentadores. Hai sitios que queren repetir, que nos piden que voltemos. E logo hai lugares nos que directamente toman a iniciativa, como en Neda, que acordaron facer unha Polafía cada seis meses. Logo sabemos tamén que hai xente que olla que isto paga a pena e que apreza máis estes saberes, ás veces porque sabe que chegou á xente da emigración.
Contidos
A falar dos contidos que podemos atopar nos vídeos desta iniciativa, Reigosa apunta que hai unha representación bastante grande da música, tanto instrumental como do cancioneiro popular. Logo hai bastante das lendas vencelladas a lugares da zona. Tamén contos de temática variada, historias ou sucedidos, ese tipo de relatos que están a medio camiño entre o conto e a historia sobre personaxes da zona. Canda a isto, tamén se pode ver nos videos unha lingua, un xeito de falar que está a desaparecer.
Transmisores
Unha sección que se abriu no web das polafías que non estaba prevista nun comezo é a de Mestres da memoria. E é que tamén á hora de recuperar tradición oral aparecen auténticas minas de coñecemento. Abrimos este capítulo con Alba Requeijo, que participou nas sesións de Outes e de Mondoñedo e que é un portento de memoria, recitado ou narrativa. E é que, segundo explica Reigosa, dentro dunha comunidade, a xente que tiña mellores técnicas de comunicación asumían o papel de transmisores do coñecemento, e apropia comunidade llo cedía. Pero a día de hoxe é un valor que está menosprezado.
Modelo aberto
Malia ao traballo que implica organizar isto, polo xeral as sesións consiguen unha participación destacada. En Cerqueda, Malpica, reunimos 250 persoas no público op asado mes de marzo, lembra Reigosa. Centrouse no Entroido desta zona, que se está a recuperar agora. En xeral, a xente queda moi contenta e queren repetir. O coordinador da propota lembra que a fórmula está aberta e que pode modificarse e experimentar con ela en cada lugar no que se celebre. O modelo pode mellorarse, variarse, ou facerse temático. Eu animo aos concellos a que partindo desta iniciativa ou unha semellante se animen a pór en valor este patrimonio.
Novas citas
Os interesados en vivir de primeira man esta experiencia terán a súa ocasión nos vindeiros meses. Para setembro está prevista a vindeira en Xirarga, Beariz, e para outubor será o Pazo de Tor, en Monforte, o que acolla a actividade. Tamén no vindeiro outono se achegará a iniciativa á Coruña, onde se pescudará na tradición oral do barrio de Montealto e o seu vencello coa cultura mariñeira.