Murallas, catedrais, templos e castelos acollen toda unha serie de formas de vida. Animais e plantas que, nalgúns casos, poden afectar á integridade destes monumentos. Ao contrario, determinadas tarefas de limpeza e restauración do patrimonio chegan a afectar a especies en perigo. A Muralla de Lugo e mais a Catedral de Santiago son os exemplos máis recentes da preocupación pola compabilidade destes aspectos.
A mediados do pasado mes de maio, dezaseis organizacións ecoloxistas, sociais e culturais de Lugo presentaban unha reclamación ante o Concello e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural solicitando que se paralizasen os anunciados traballos de limpeza de vexetación que se prevÃan realizar na superficie da muralla romana da cidade. Estes colectivos denunciaban que o desenvolvemento destes labores en plena época de niñificación, tal e como se anunciara, afectarÃa a múltiplas especies que empregaban o antigo monumento como vivenda. O Cirrio ou Anduriñón Negro, Ferreiriños, Ribeirentos ou Paporrubios son algunhas das aves que colonizan este monumento e que, ao tempo, facilitan o control de insectos na Cidade da Muralla. Logo da súa denuncia, e segundo explica Fernando Vasquez, un dos encargados de tramitar este proceso, ”Polo de agora non comezaron os traballos. Patrimonio asegurounos que elaborará un programa de limpeza a catro anos consensuado coa ConsellarÃa de Medio Ambiente”. En paralelo, estes colectivos denunciaban que a limpeza de vexetación do adarve, que a priori non afectarÃa a estes animais, estaba a se realizar con herbicidas que poderÃan provocar series danos nestas especies. “En Cultura dirxeron que nunca se empregaran, pero sabemos que se utilizan desde hai anos”.
A catedral viva
Os biólogos Jesús Izco e Jesús DomÃnguez impartiron na tarde de onte, e no marco do Ciclo de Conferencias sobre Plan Director da Catedral de Santiago, unha conferencia na que analizaban a vida vencellada a este templo. A charla que impartiron estes dous especialistas leva por tÃtulo Vida nas pedras da Catedral de Santiago. Da hemoglobina á cloforila. Detrás de tan curioso tÃtulo está un xeito de falar de vexetais e animais “a hemoglobina nos animais e a clorofila nas plantas son as sustancias base nos procesos respiratorios en plantas e animais, respectivamente”, explica Izco. “AÃnda que a catedral para nós é un patrimonio impresionante, con mil anos de historia como templo e toda unha expresión de patrimonio, cultura e arte. Pero a nivel biolóxico, esa catedral non é máis do que un monte de pedras, a natureza interprétao como tal e colonÃzao coas súas propias pautas, normalmente con espeices especialistas” sinala este investigador. Obviamente non podemos obviar toda unha serie de condicionantes que fan que ese monte de pedras non sexa exacamente igual a outro que estivese no medio do monte. Os ruÃdos da propia cidade, a ausencia de solos fértiles na contorna, a presenza dunha multitude de visitantes e mesmo o regular son das campás poden dificultar a vida de determinadas especies no templo.
Un edificio, múltiples hábitats
Izco, especialista en botánica, salienta que no conxunto da Catedral existe unha grande variedade de hábitats que facilitan a supervivencia de especies do máis variado. “O máis sorprendente do templo é a riqueza que albergta. Existen áreas con diferentes condicións de iluminación e humidade, e con substratos diferentes, de base silÃcea no granito que compón os muros e calcárea na argamasa que une as pedras. En todo o caso, na maior parte dos casos as especies vexetais son especialistas en determinados ámbitos que teñen que se enfrontar a condicións moi duras, xa que apenas hai solo como tal no tempo e teñen que buscar o seu espazo nas fendas, nas superficies das pedras ou nas tellas”. Ademais destas condicións inflúen tamén cuestións como “a contaminación urbana e dos animais, especialmente as deposicións das aves”. Son precisamente estas deposicións nas superficies da rocha as que facilitan a instalacións dos caracterÃsticos liques de cor laranxa que cobren boa parte do monumento. “Colonizan directamente as láminas de pedre, do mesmo xeito que acontece nos rochedos da costa galega. Aproveitan os excrementos das aves que crean un sustrato con moitos nutrintes”.
Regandixas particulares
Ademais das especies que viven en superficie, hainas tamén que aproveitan as regandixas para se instalar. “Hai un tipo de comunidades de plantas que son as fisurÃcolas que están repratidas por todo o mundo. As que se atopan na catedral aparecen tamén en outros monumentos, e en calquera parede de granito dun monte onde haxa fendas”. De feito, a poboación dun tipo concerto destas plantas, a coñecida como Herba da Viúva, emprégase como marcador internacional para a especie. É dicir “trátase dunha poboación tipo que se pon como exemplo para calquera que queira investigar esta planta. Está ben desenvolvida e correspóndese ao concepto que manexamos para este tipo de comunidade. A calquera que a queira coñecer en persoa, recoméndaselle que veña á catedral”. A estas súmanse aÃnda plantas que habitualmente pasan desapercibidas, como o verdÃn “que se pode atopar no claustro e noutros lugares con humidade e sen sol”. Fronte a esta, podemos falar de especies, se non exóticas, cando menos foráneas. “Hai unha especie que chega de México e que se pode atopar nas fisuras. Tamén é certo que está por toda a costa española, pero si que é unha planta que non debe levar máis de un ou dous centos de anos, desde logo non está ahà desde sempre”
Morcegos que van a misa
En canto a animais, atopamos tamén unha ampla variedade de especies instalada neste templo. “Obviamente hai moitos insectos, entre eles especies de xilófagos que se alimentan da madeira”, explica Jesús DomÃnguez. Fóra disto, apunta que “non hai moitos estudos sobre isto, e o máis vistoso son as aves, das que hai unha grande variedade”. No entanto, este biólogo salienta a importancia dunha comunidade de mamÃferos instalada neste ben: os morcegos. “Todos os recunchos e cúpulas do conxunto son moi propicios para albergar etes mamÃferos. Son zonas de difÃcil acceso e ninguén fixo un estudo, pero é fácil ollalos voar nas noites de verán nas proximidades do edificio”. Se temos en conta que das trinta especies destes animais que hai na PenÃnsula practicamente a metade están ameazadas, e en moitos casos pouco coñecidas, non serÃa estraño que a Catedral dese acubillo a variedades en perigo de extinción. “ComprirÃa ter coidado con eles cando se fan traballos de restauración, xa que ao se tapar fendas elimÃnanse espazos nos que poderÃan vivir. AÃnda que por fortuna o edificio é moi grande e penso que sempre atoparán recunchos onde parar. Hai lugares nos que se habilitan directamente refuxios alternativos que lles permitan vivir cando se eliminan os espazos que ocupaban, e aquà tamén se poderÃa facer”.
As aves do templo
Fóra destes mamÃferos, e de algunhas especies de lagartos propias de zonas rochosas, o máis destacado na fauna catedralicia son as aves. “Moitas son especies vencelladas a cantÃs e zonas rochosas, e colonizan fendas e muros do exterior do edificio”, explica DomÃnguez. Entre elas destaca a existencia de niños de falcón peregrino. “PoderÃamos considerar a súa presenza mesmo positiva porque tenden a capturar pombas e poden evitar a súa excesiva proliferación, que pode acabar afectando a pedra. Logo tamén hai outro falcón, o peneireiro, e mais a gralla pequena que está habitualmente vencellada a cantÃs. Esta ten a peculiaridade de que tende a colonizar edificios grandes, e está instalada tamén en varios castelos de Ourense, pero a poboación da catedral é a única que hai en varios quilómetros a redonda na área de Compostela”. Pombas, pardais
Vida e conservación
Unha cuestión habitual ao falarmos da vida que habita nos nosos monumentos é a preocupación sobre o dano que poden facer a estes bens históricos. A ese respecto Izco recoñece o deterioramento que certos tipos de vexetais poden provocar na pedra. “As máis destrutivas son as que teñen un maior volume”, sinala, xa que as súas raÃces son as que poden provocar máis alteracións na pedra. No entanto advirte que “cómpre ver qué existe, onde, e qué tipo de relación ten co monumento. E despois é cando se pode ver qué remedio pór, porque xa se teñen feito actuacións nas que o remedio foi pior que a enfermidade”. En canto aos animais que habitan o templo, DomÃnguez sinala que “aÃnda que polo xeral vense como unha fonte dos problemas, en realidadade aquÃ, polo meu coñecemento, non supoñen un especial risco para conservación. Por suposto hai especies como os xilófagos que degradan a madeira e poden provocar importantes problemas, ao igual que os ratos que poden dar problemas con determinadas esculturas ou con libros e outro material móbel. Logo os excrementos das pombas poden provocar a degradación da pedra, pero o granito polo xeral atura este problema mellor do que a caliza, por exemplo”.
Descoñecemento
En calquera caso, tanto Izco como DomÃnguez coinciden en sinalar que o aspecto biolóxico da Catedral, asà como o da maior parte dos monumentos do noso paÃs, está moi pouco estudado. “Falta por facer un catálogo de flora, hai moitas especies e moitos hábitats. Agora está a se facer un estudo deste tipo no Pórtico da Gloria”. Pola súa banda, DomÃnguez denuncia a falta de coñecemento nesta cuestión. “Non existe un inventario exhaustivo da fauna vencellada á catedral, só tempos datos puntuais e observacións”. Para alén da falta de coñecemento en xeral sobre as especies que habitan os nosos monumentos, tampouco a lexislación atenden a este aspecto da conservación. Segundo denuncia Vasquez, no noso paÃs “nunca se tivo en conta a vida animal á hora de realizar actuacións en elementos históricos. Mesmo a revisar as recomendacións do Icomos para os monumentos declarados Patrimonio da Humanidade como é a Muralla de Lugo non atopamos ningunha referencia á conservación de vida salvaxe ou silvestres que se poida atopar nas mesmas”. A nivel de lexilación sobre patrimonio, tanto estatal como galegta “atopamos unicamente algúnhas referencias sobre conservar o ambiente dos conxuntos históricos, entendido máis ben como algún espazo verde que poida haber ou lugares semellantes. Nós argumentamos que tamén os paxaros, no caso de Lugo, fan parte dese ambiente. En lugares como Holanda si que hai normas especÃficas sobre a conservación de aves que habitan en monumentos, pero mesmo a nivel internacional non se atopa moito máis”, conclúe.