O VI Ciclo Clube achega 60 actuacións

O programa de Clubtura chega a vinte salas de todo o país ata o final de 2023

  • Un recital conxunto de Nastasia Zürcher e Belém Tajes en Laxe abre este 5 de abril a sexta xeira do Ciclo Clube. Esta iniciativa que organiza a asociación de salas Clubtura co apoio de Estrella Galicia achegará sesenta actuacións a máis de vint...

Oleiros expón unha escolma da súa colección artística en catro novas salas

O Castelo de Santa Cruz acolle estes fondos mentres o municipio adianta a intención de abrir un museo

  • Fondos das coleccións que José María Kaydeda e Miguel Pampín Besteiro cederon ao Concello de Oleiros compoñen a nova exposición permanente que se pode ver no Castelo de Santa Cruz. O municipio abría este 1 de abril catro novas salas neste edif...

A Panadaría repite éxito nos Premios de Teatro María Casares

Recolleu por 'As que limpan' os mesmos catro galardóns que recibiu en 2018 por 'Elisa e Marcela'

  • A celebración da gala de entrega dos XXVII Premios de Teatro María Casares, no Teatro Rosalía de Castro de Coruña, deixou tras de si varios momentos emocionantes do sector escénico e cultural e algunha coincidencia a sinalar. De entre o total de...

A Xunta investirá 750.000 euros na concatedral e na igrexa das Dores de Ferrol

A Diócese achegará fondos para cubrir parte dos traballos de rehabilitación

  • A Consellería de Cultura e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol asinaban na tarde deste 28 de marzo un convenio polo que o goberno galego financiará con 750.000 euros a rehabilitación da concatedral e mais da igrexa das Dores na Cidade Departamental. E...

A Xunta incrementa en 20.000 euros o seu apoio ao Museo do Pobo

A entidade recibirá neste ano 451.800 euros para a súa actividade

  • O apoio da Consellería de Cultura ao Museo do Pobo Galego neste 2023 sumará 451.800, 20.000 máis que no pasado ano. O pasado venres 24 de marzo o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a presidenta do Padroado do Museo do Pobo, Concha Losada...

Galaxia presenta dúas obras inéditas de Del Riego

A editorial lanzou ademais a biografía e dúas reedicións do homenaxeado no Día das Letras

  • Continúan os anunciados lanzamentos editoriais arredor da figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Entre estes destacan dúas obras inéditas do autor, o seu Diario da guerra e mais as Memorias do P...

Abre a grande exposición do ano Picasso na Coruña

A Xunta e o Concello da Coruña anuncian programacións paralelas arredor da mostra

  • A partir deste 24 de marzo pódese visitar no Museo de Belas Artes da Coruña Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro . A grande mostra coa que Galicia fai parte da conmemoración internacional do cincuenta aniversario da morte do artista ...

O Goberno central investirá 8,3 millóns en recuperar a ponte de Pontedeume

O investimento afectará a melloras na mobilidade e no aspecto patrimonial do monumento

  • O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presentaba este 22 de marzo en Pontedeume o proxecto de recuperación da ponte que une esta localidade con Cabanas. Datado no século XIX este conxunto segue a ser hoxe unha vía de comunicación fund...

A RAG publica un volume sobre a toponimia de Ribeira

Tres novos vídeos da serie Os nomes da nosa terra divulgan a microtoponimia do país

  • Xa está dispoñible na rede o novo volume da colección Terra Nomeada da Real Academia Galega. No mesmo, Fernando Cabeza Quiles analiza a orixe e o significado de 200 nomes de lugar do concello de Ribeira. "Dende as nove parroquias -Aguiño, Artes, ...

Anomalías reveladoras

Presentan os resultados da intervención con xeofísica do castro de Rueta (Cervo)

  • Baixo a terra que tapa o castro de Rueta hai todo un mundo. Sobrevive unha densa rede de edificios e vivendas, algunhas estruturas nas que se produciron lumes durante moito tempo e indicios de cabanas no exterior do recinto fortificado que revelan qu...

O Porriño celebra as primeiras Xornadas de Creación Literaria

A iniciativa integra obradoiros, conferencias e presentacións entre os días 21 e 24 de marzo

  • A Biblioteca do Porriño, xunto co Servizo de Normalización Lingüística municipal organizan as xornadas de creación literaria Da inspiración ao libro . Obradoiros literarios, presentacións ou conferencias sobre diferentes aspectos da prácticas...

A pegada creativa do Prestige

A exposición Sempre Máis reivindica o valor da creatividade vencellada ás mobilizacións contra a catástrofe ambiental de 2002

  • Cando se cumpren vinte anos do afundimento do Prestige, a exposición Sempre Máis repasa o impacto que as mobilizacións sociais contra a catástrofe tiveron na sociedade galega. Desde o pasado mes de xaneiro e ata o vindeiro 21 de maio o Auditorio ...

Preséntanse os grupos que participarán da aceleradora musical Sonemerxente

A Cidade da Cultura acolle esta experiencia que xestiona a Fundación Paideia

  • Adrian Timms, Anahí, Babykatze, Helena Egea, Hydn, Law, Lora, Moito!, Mondra, Paraíso Canto, Samudra Trio e Zeltia Irevire son os nomes que fan parte da aceleradora de música Sonemerxente . O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentaba o...

Nani García recibirá o Premio de Honra Fernando Rey

O músico recollerá o galardón na gala dos Premios Mestre Mateo, o vindeiro 11 de marzo

  • O Premio de Honra Fernando Rey, que outorga cada ano a Academia Galega do Audiovisual, vai neste 2023 para o compositor Nani García. Considerado, en palabras do conselleiro de Cultura Román Rodríguez "un dos grandes talentos musicais do audiovisua...

O CGAC repasará os seus trinta anos como cabeceira galega da arte contemporánea

A Cidade da Cultura acollerá unha exposición de pezas de gran formato da colección CGAC

  • O CGAC celebrará este ano o seu aniversario con varias exposicións e actividades nas que repasará a súa traxectoria de 30 anos como referencia pública da arte contemporánea en Galicia. O centro programa para este ano conmemorativo ata medio cen...

A XXIª edición dos Premios Mestre Mateo comeza repartindo os Premios Especiais

Cinco producións foron recoñecidas polos seus valores máis alá da realización audiovisual

  • A antesala da gala de entrega dos XXI Premios Mestre Mateo do audiovisual de Galicia que se celebrará en Ourense o vindeiro 11 de marzo foi de novo a xuntanza de finalistas, celebrada nesta ocasión en Allariz, e foi o lugar elixido para a entrega d...

Presentouse o programa de actividades das diferentes institucións implicadas no Día das Letras

Un percorrido pola vida e obra de Fernández del Riego con máis dun cento de paradas

  • A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe o acto de presentación do conxunto de actuacións institucionais que, desde diversas entidades, conforman o programa de actividades co que ao longo de todo o ano se renderá tributo e divulgara a vida e ob...

Lalín dedica a mostra EmporcARTE ao desaparecido Paco Pestana

A exposición arredor do mundo do porco e o cocido está aberta ata o vindeiro 14 de abril

  • Ata 43 artistas, galegos, españois e algún estranxeiro, participan este ano do XI EmporcARTE, a mostra que se abre en paralelo á Festa do Cocido de Lalín engadindo un compoñente artístico ao evento. A exposición, inaugurada este pasado sábado...

Receitas para revivir un entroido (II)

A fidelidade, a dificultade de manter prácticas comunitarias ou a transmisión son retos destacados nas recreacións destas festas tradicionais

  • Alén da recuperación de máscaras e de personaxes concretos, o proceso de revivir un Entroido tradicional obriga a ter en conta toda unha serie de aspectos máis difusos pero non por iso menos importantes. Os comportamentos, as vías de transmisió...

Novas actividades conmemoran o Día de Rosalía

A fundación da poeta, a Xunta, concellos ou deputacións presentan as súas propostas para este 23 de febreiro

  • Continúan as presentacións de propostas para conmemorar, o vindeiro 23 de febreiro o Día de Rosalía de Castro. A Fundación que leva o nome do poeta e mais a Xunta de Galicia deron a coñecer, este día 17, as súas programacións para a efeméri...