O VI Ciclo Clube achega 60 actuacións

O programa de Clubtura chega a vinte salas de todo o país ata o final de 2023

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O VI Ciclo Clube achega 60 actuacións

Un recital conxunto de Nastasia Zürcher e Belém Tajes en Laxe abre este 5 de abril a sexta xeira do Ciclo Clube. Esta iniciativa que organiza a asociación de salas Clubtura co apoio de Estrella Galicia achegará sesenta actuacións a máis de vinte salas das catro provincias galegas.

No 22 deste mesmo mes actuarán na Sala Rebullón de Mos Sonoro Maxín e ITH, mentres Bala e Mascada poderán escoitarse na Sala Krazzy Kray de Cambados. A Casa das Crechas de Santiago de Compostela fechará o programa de abril con David Regueiro Trío e Ismael Cabaleiro Trío.

Segundo lembra Clubtura "a variedade estilística das propostas deste primeiro mes do ciclo é unha boa mostra de toda a música que se está a crear na nosa terra". As actuacións deste ciclo "chegarán as principais vilas galegas, mais tamén a localidades coma O Barco de Valdeorras, Melide, Betanzos, Cambados ou O Grove". As redes sociais de Clubtura achegarán información actualizada sobre o programa.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estrella Galicia, Mos, Cambados, Sonoro Maxín...