O VIII Ciclo Clube leva 40 concertos por 20 salas de toda Galicia

O programa de Clubtura e Estrella Galicia promove o talento musical galego en salas

O programa de Clubtura e Estrella Galicia promove o talento musical galego en salas
A Asociación Galega de Salas de Concertos (Clubtura) e Estrella Galicia presentaron este xoves 13 de marzo, a oitava edición do Ciclo Clube, un consolidado ciclo de concertos promove a música en vivo e o talento galego en salas independentes de toda Galicia. A programación xa confirmada para este ano inclúe máis de 40 concertos en 20 salas de toda Galicia, comezando deste onte mesmo. Na súa oitava edición, o ciclo mantén o seu compromiso coa música en vivo e amplía a súa rede de salas participantes ata as 20 que hai este ano. O programa de concertos aínda irá ampliándose ao longo do ano ata completar os máis de 40 directos, sempre coa mesma fórmula: unha sala galega independente, unha banda da contorna local e unha banda convidada.

O VIII Ciclo Clube arrancou onte cun concerto en Casa das Crechas (Santiago de Compostela) a cargo de Juan Cañada Manouche Trio y Alberto Penoucos Django Project. A programación xa confirmada inclúe para os seguintes días concertos en Arca da Noe (Vilar de Santos) a cargo de Silvia Penide (14 de marzo); La Disfrutona (A Coruña): El Corta - Law (21 de marzo); La Fundación (Melide): A Catuxa - Sofía Espiñeira (28 de marzo). As salas que conforman o ciclo están espalladas por todo o territorio chegando así con esta programación a vilas como Viveiro, Laxe, Bueu, Allariz, Cambados e outras moitas ademais das cabeceiras provinciais e a capital galega.