Un novo circuito de concertos en salas ven de nacer organizado pola Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura e co apoio e financiamento de Estrella Galicia. O circuÃto CLUB-E, cuxa primeira programación aÃnda está por pecharse, ofrecerá un total de 27 citas, cada unha delas protagonizada por dúas bandas: unha banda emerxente, allea á área comarcal onde estea a sala e outra banda que conte cun público xa afianzada na localidade onde se celebre o concerto, que exercerá de “padriño” da primeira. Estrella Galicia achegará a este circuito financiamento suficiente para aboar un caché previamente estipulado para as bandas e propio do ciclo o que permitirá a redución de riscos para todos os intervintes, salas e artistas. Ademais todos os concertos serán con entrada de pago e a recadación repartirase entre as bandas nunha proporción de 60 -40 % entre “padriños” e “emerxentes”, agás nas salas de máis capacidade que recollerán para si un euro de cada entrada.
Este novo circuito musical, que comeza a súa andaina este mes de novembro e prolongarase no seu primeiro ano de vida até abril de 2017, pretende asà servir de plataforma de lanzamento para que as bandas galegas e as salas da comunidade xeneren un sistema propio de traballo que permita, por un lado, aumentar a visibilidade das bandas emerxentes fora das súas cidades de nacemento, e por outro, mellorar as condicións de programación das salas galegas, especialmente daquelas situadas en localidades pequenas ou deficientemente comunicadas. Segundo explicou na presentación do ciclo VÃctor Mantiñán, responsable de SON Estrella Galicia, o proxecto nace coa clara vocación de continuidade e con idea de encher a programación da calidade as salas galegas. Os concertos empezarán a programarse dende principios de decembro, aÃnda que xa se poden adiantar os nomes dos protagonistas da primeira data confirmada: será na sala Super8 de Ferrol e correrá a cargo de Cro! E Trilitrate o vindeiro 20 de xaneiro. O programación completa do ciclo poderá coñecerse a través da súa páxina de facebook, do seu twitter e do hashtag #EGClube