A partir deste 24 de marzo pódese visitar no Museo de Belas Artes da Coruña Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro. A grande mostra coa que Galicia fai parte da conmemoración internacional do cincuenta aniversario da morte do artista achega ata o vindeiro 25 de xuño unha selección de 120 pezas que rastrexan as pegadas que deixou na súa obra o perÃodo da súa infancia na cidade. Comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira, a mostra indaga sobre os temas e as variables iconográficas que deixou esta época no artista, asà como "os conceptos ou a dimensión das súas ideas e as súas precoces experiencias coa linguaxe visual".
En paralelo á exposición, que o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez calificou como "o gran evento cultural do ano en Galicia", a Xunta de Galicia anunciou un intenso programa de medio cento de actividades, que incluirá, este mes de abril, o ciclo de conferencias A Coruña, primeiros trazos de Picasso, no que participarán especialistas no pintor. No ámbito musical, para ese mesmo mes prepárase un concerto de homenaxe e, para maio e xuño, o ciclo Arredor de Picasso e as súas cidades, "con cinco recitais dedicados ao propio ao artista e ás cidades coas que tivo algún vÃnculo persoal e profesional como Málaga, Barcelona, ParÃs e A Coruña". Da banda audiovisual, o ciclo Picasso a través do cine achegará unha selección de filmes e documentais arredor da figura homenaxeada. A isto sumaranse visitas guiadas e actividades de dinamización arredor da mostra do Museo de Belas Artes.
No caso do Concello, ao longo de todo o ano desenvolveranse unha trintena de propostas arredor desta conmemoración. Entre estas, destaca a exposición En pretérito seguinte, que amosará a partir do 30 de marzo no Quiosco Alfonso traballos de artistas contemporáneos da cidade arredor da paisaxe e da vida na Coruña de hoxe. A Casa Museo de Picasso, pola súa banda, acollerá unha mostra de fondos documentais e artÃsticos da Asociación Pablo Picasso relativos á etapa coruñesa do pintor. No marco do Encontro Mundial de Humoristas 2023, a partir do 28 de abril poderá verse a mostra O Guernika, unha viñeta universal - Humor na escuridade, mentres entre outubro e decembro unha mostra de ilustradores homenaxeará o pintor, que tamén protagoniza outra exposición na que o artista cubano Nelson Villalobo amosará a súa visión sobre o homenaxeado.
Ademais, a figura de Picasso protagonizará en setembro o III Congreso Internacional de Arte e Educación na Fundación LuÃs Seoane. A Fundación acolle tamén o ciclo de conferencias Protagonistas dedicado a musas, amantes, modelos e investigadoras arredor do universo de Picasso.