Baixo a terra que tapa o castro de Rueta hai todo un mundo. Sobrevive unha densa rede de edificios e vivendas, algunhas estruturas nas que se produciron lumes durante moito tempo e indicios de cabanas no exterior do recinto fortificado que revelan que todo o promontorio costeiro foi alterado para vivir pero tamén para representar a comunidade. Estas son algunhas das conclusións do informe presentado este sábado polos arqueólogos do CSIC David González e Jesús García. Os científicos, que atopan "moi satisfactorios" os resultados, xa pensan nunha segunda campaña na que aplicar novas tecnoloxías e comprobar se son correctas as interpretacións dos datos que están a facer.
No alto do castro costeiro de Rueta (Cervo) sobresae un curioso penedo fendido polo medio. Un experimento sobre a conduta humana nos xacementos arqueolóxicos pode que amosara un curioso resultado. Os visitantes do castro atravesarían as impoñentes estruturas defensivas conservadas do xacemento, superando os foxos previos, bordearían un impoñente parapeto defensivo de cinco metros defensivos, entrarían a través da impoñente porta orixinal en estiaxe aínda recoñecible -unha formación defensiva habitual en castro costeiros do norte de Galicia e Asturias- e atravesarían un primeiro recinto ateigado duns estraños montículos que os veciños sempre lembran aí. Aínda terían que superar un segundo foxo e subir un novo parapeto que dá paso á croa, o recinto superior do castro. Alí, se cadra sen seren moi conscientes de como chegaron alí, pararían para apreciar unha fermosa panorámica do litoral mariñao e observar o irregular camiño que percorreron polo xacemento, inzado de estruturas arqueolóxicas soterradas que sobresaen como vultos. Desde ese miradoiro xusto se atoparían na Pedra do Raio, o punto do castro de Rueta que concentra a maior tradición oral de todo ese fragmento de litoral. "Nese lugar é onde se dicía que caian todos os raios da zona", sinalan os veciños.
A Pedra do Raio e mostras de coviñas na parte alta. Foto: Incipit (CSIC)
Nos últimos meses, un equipo arqueolóxico do CSIC que está traballando no castro de Rueta confirmou que as lendas tiñan algo de razón e conectaban a memoria actual, de algún xeito, cos habitantes da prehistoria. No alto da superficie da Pedra do Raio os investigadores localizaron indicios de arte rupestre, expresados nun conxunto de coviñas que tamén se reparten por outros penedos próximos- que parecen remarcar certa importancia simbólica do lugar. "Sabemos que ás veces os habitantes dos castros escollen espazos que xa foron usados anteriormente, ou que eran importantes para a memoria local", sinala David González, arqueólogo do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Durante os traballos arqueóloxicos no castro observaban que os visitantes ocasionais acababan sempre en grupo falando ao redor da Pedra do Raio. Os arqueólogos non saben se eses penedos teñen unha misteriosa propiedade para concentrar raios, pero que concentra persoas está fóra de toda dúbida.
Uns resultados "moi satisfactorios"
David González e Xesús García, do Instituto de Arqueoloxía de Mérida do CSIC, están a levar a cabo unha acción pioneira na súa escala en Galicia: o estudo con métodos de 'mínima invasión' do castro de Rueta. Nunca ata o momento se fixera unha prospección tan ampla dun xacemento da Idade do Ferro en Galicia e da súa contorna exterior- combinando diferentes tecnoloxías de exploración do subsolo para afinar os resultados e sen remexer nin un centímetro cúbico de terreo. O sábado os dous arqueólogos presentaron uns resultados "moi satisfactorios" na Casa da Administración de Sargadelos ante un ateigado auditorio. Foran convocados pola asociación promotora do proxecto, Mariña Patrimonio, que financiou parcialmente a intervención a través dun convenio coa Deputación de Lugo e a colaboración loxística do concello de Cervo.
Os resultados presentados por González e García hai non moitas décadas serían considerados case maxia, e é un exemplo dos grandes saltos que a tecnoloxía e os novos métodos están propiciado na arqueoloxía. Ofreceron unha interpretación de boa parte do que debe estar agachado baixo o castro de Rueta e na súa contorna inmediata. Conseguírono combinando dúas técnicas: o gradiómetro e o xeorradar, que achegan datos algo distintos pero complementarios. Os arqueólogos destacaron, en primeiro lugar, o bo estado de conservación dos restos arqueolóxicos, moitos deles visibles a primeira vista. Segundo os veciños, o castro non estivo destinado cando menos ata onde chega a memoria familiar- a usos agrícolas. Porén, os arqueólogos sospeitan que o castro foi empregado como canteira para aprovisionar as vivendas próximas durante moito tempo. Isto plasmábase neses estraños avultamentos que parecen encher o recinto inferior do castro e que lle dan certa fasquía de campo de xogos. "Atopamos que algúns deles poden corresponderse con estruturas derrubadas, pero noutros os datos non parecen indicar a existencia dunha estrutura como tal embaixo", sinala González, "así que poden tamén ter que ver coa remoción de parte das estruturas para retirada de pedra".
Os resultados da intervención. Gráfico: Jesús García / CSIC
David González e Jesús García exploran os datos devoltos polo gradiómetro e o xeorradar na procura de anomalías. Nos diferentes sinais remitidos polos sistemas, que revelan as alteracións magnéticas do subsolo, é onde obteñen as formas que logo deben interpretar. Os datos parecen revelar unha densa malla de edificios no recinto superior, con diferentes tamaños, estruturas anexas, e no que se perciben numerosas estruturas circulares que González e García interpretan compatibles con vivendas castrexas, pero tamén sistemas defensivos e indicios moi prometedores de áreas especializadas de carácter artesanal ou doutro tipo. Deste xeito, Jesús García amosou diferentes puntos nos que os sistemas marcaban importantes alteracións magnéticas propiciadas pola acción continuada do lume nese espazo. As formas gráficas marcan unhas importantes alteracións magnética rodeadas de estruturas en U. "Pensamos que poden ser fornos ou espazos de produción con lume", sinalou o investigador do CSIC de Mérida. Os científicos están intrigados por outra estrutura, máis próxima ao foxo que separa o primeiro recinto do segundo, e que parece estar formada por dous edificios. "Podería ser unha estrutura compatible coa forma das saunas castrexas", indicaron. Este tipo de edificios teñen sido localizados sobre todo na zona norte de Galicia, en Asturias, e tamén no norte de Portugal.
A impresión que ofrece a interpretación amosada polos arqueólogos é que o castro, como é frecuente nos xacementos galegos, mantén aínda unha impresionante densidade construtiva en pouco máis dunha hectárea de terreo, aínda que os edificios se concentran no recinto inferior e non tanto na croa, ao carón da Pedra do Raio, onde aparece case baleiro. Durante a Idade do Ferro, o promontorio de Rueta foi profundamente transformando e monumentalizado, creando unha escenografía en pedra que debeu impactar e que aínda se percibe hoxe. Iso si, nin a presenza dos arqueólogos no espazo nin a lectura dos datos permiten avanzar se o castro prolongou a súa existencia ata época romana, como foi habitual noutros xacementos próximos como o castro da Atalaia ou Fazouro.
Entender o que se ve
O proxecto presenta tamén un importante desafío científico. Como interpretar esas estruturas que se ven baixo a terra? As experiencias levadas a cabo ata o momento con tecnoloxías similares en castros galegos foron realizadas en superficies máis reducidas ou non foron publicadas. Para interpretar os resultados, os arqueólogos botaban man de estruturas similares localizadas con estas técnicas en castros británicos ou puntualmente noutros xacementos peninsulares, pero os solos e tamén as culturas son distintas. De feito, o uso das tecnololoxías de análise do subsolo aplícanse sobre todo en xacementos moito máis regulares, como son os romanos, onde todo é máis definido e en certo xeito previsible. No caso dos castros galegos, asociar o que se ve nos diagramas coa súa realidade arqueolóxica é aínda moi hipotético.
Os investigadores buscan avanzar no coñecemento do castro no vindeiro ano a través de dúas técnicas novas. Por unha banda, aplicar tomografías ás murallas, para tentar localizar e entender a súa composición e saber se baixo esas capas de terra está unha probable muralla de pedra. Por outra banda, buscan realizar pequenas sondaxes que tenten conectar esas estruturas co rexistro arqueolóxico. González Álvarez é un dos responsables dun proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación destinados a recoñecer que hai dos castros fóra da muralla dos castros. En Rueta o gradiómetro amosa varias cabanas que se atopan polo exterior dos recintos defensivos que están espertando a curiosidade dos investigadores e que poderían estar vinculadas aos usos agrarios do espazo. Por outra banda, tamén queren coñecer a través de escavación convencional como se corresponden os datos que devolven os sistemas non invasivos coa materialidade das cabanas e das estruturas.
Poder planificar e comprender
Os resultados revelan como é posible coñecer moitos datos dun castro sen necesidade de escavalo e, ao tempo, como se poden conciliar os intereses de posta en valor dunha entidade local de defensa do patrimonio cos dun grupo de investigación que busca testear tecnoloxías e coñecer aspectos moi concretos, como a actividade exterior aos castros na Idade do Ferro. "Estas técnicas vannos permitir saber como afrontar unha intervención arqueolóxica e tomar decisións máis precisas sobre a investigación", sinalan David González e Jesús García. No fondo unha idea: non é preciso escavar un castro para recuperalo nin obter numerosa información del.