Adrian Timms, AnahÃ, Babykatze, Helena Egea, Hydn, Law, Lora, Moito!, Mondra, ParaÃso Canto, Samudra Trio e Zeltia Irevire son os nomes que fan parte da aceleradora de música Sonemerxente. O conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, presentaba onte na Cidade da Cultura as iniciativas que participan deste programa, dotado con 240.000 euros e que xestiona Fundación Paideia.
Segundo apunta ConsellerÃa, estes proxectos seleccionáronse entre as 60 solicitudes recibidas para o programa, e amosan "o amplo abano de estilos e tendencias que conviven na actual escena musical galega, ao tempo que reflicten o dinamismo e o potencial feminino no sector a través de sete proxectos liderados por mulleres".
A viguesa AnahÃ, "quen compaxina as súas actuacións de rúa coa preparación do seu propio proxecto artÃstico"; o synth pop minimalista de Babykatze; a pontevedresa Helena Egea, con composicións propias entre o jazz, o soul, o blues e o rock; a coruñesa Hydn coa súa exploración de electrónica, r'n'b e pop ata o reguetón e o trap; a "persoal proposta" de Law, con múltiples influencias musicais; a música de cámara de Samudra Trio ou folk tribal Zeltia Irevire son algunhas das iniciativas seleccionadas, segundo informa a Xunta.
Canda a elas, o cantante e multiinstrumentista Adrian Timms, entre o indie-pop e o folk; o dúo coruñés de música urbana Lora; a banda de indie rock Moito!; o proxecto multidisciplinar de Mondra arredor da música tradicional galega, e mais o dúo ParaÃso Canto, "que explora novas sonoridades e músicas coa tradición oral galega como punto de partida" completan a selección.
Este martes 14 de marzo comeza a actividade de cunha consultarÃa grupal para todas as propostas. Con posteriorirade desenvolveranse accións de mentorización arredor de cada un dos 12 proxectos, máis de 70 horas de traballo con cada un que finalizará na gravación dos correspondentes produtos musicais e a elaboración dos seus plans de negocio. Unha segunda fase do programa centrarase na promoción e difusión dos proxectos seleccionados.