O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román RodrÃguez, e a presidenta da Fundación Paideia Galiza, Sandra Ortega, asinaron un convenio de colaboración mediante o que esta entidade será a encargada da xestión da nova Aceleradora Cultural de Proxectos Musicais, a través da que a Xunta ten o obxectivo de impulsar ata 12 propostas de artistas e grupos galegos. A selección de Paideia para encargarse da xestión deste instrumento da polÃtica cultural do goberno autonómico é o resultado dun proceso público, en réxime de concorrencia competitiva, iniciado a mediados de novembro que definÃa os requisitos a cumprir para facerse con esta xestión, a única proposta que se presentou foi a da Fundación Paideia, que cumprÃa con todos eles e foi valorada positivamente pola comisión encargada e proposta pola dirección da Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC). A aceleradora musical ten como obxectivo estimular a profesionalización do sector e impulsar a carreira de artistas emerxentes. Arestora está aberto ata o vindeiro 28 de decembro o prazo de solicitude para profesionais autónomos e microempresas musicais galegas, cun máximo de cinco anos de actividade neste ámbito, cara á selección de entre catro e 12 proxectos para participar nas diferentes fases desta iniciativa.
En virtude do convenio subscrito hoxe, a Xunta asume, ao abeiro dos fondos Next Generation EU e do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, o 80% dos custos das actividades de aceleración a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, estimados en 240.000 euros. Deste xeito, destÃnanse preto de 180.000 euros ás diferentes accións destinadas a facilitarlles aos participantes as ferramentas necesarias para o desenvolvemento das súas carreiras, mentres que os 60.000 restantes corresponden aos gastos de xestión. Pola súa banda, a Fundación Paideia, que xa ten unha ampla traxectoria en varios programas de profesionalización do sector musical, asumirá a organización deste programa arredor de dúas fases, comezando por unha etapa de consultorÃas individualizadas e grupais, tanto presenciais como telemáticas, que incluirán diferentes accións de mentorización arredor de cada un dos proxectos seleccionados co foco posto na proposta artÃstica, produción, promoción, comercialización e modelo de negocio. Serán máis de 70 horas de actividade as que se investirán en cada un dos participantes nesta primeira fase, da que resultará a creación e gravación dos correspondentes produtos musicais, asà como a elaboración dos seus plans de negocio. Unha futura segunda etapa dedicarase á promoción e difusión dos proxectos a través da súa participación en circuÃtos de concertos, festivais, encontros cos medios de comunicación e asistencia a foros e mercados profesionais, dentro e fóra de Galicia, ademais de nun evento final de presentación das propostas con actividades de networking e reunións personalizadas .