Un escenario para músicos galegos emerxentes no Festival de la Luz

Nel poderán verse as actuacións das 10 propostas participantes na aceleradora de proxectos musicais da Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Presentación en marzo dos grupos de Sonemerxente. Fonte: Agadic

Presentación en marzo dos grupos de Sonemerxente. Fonte: Agadic

O Festival de la Luz inclúe este ano un novo espazo que se dedicará ao talento musical emerxente de Galicia. Deste xeito entran no seu cartel deste ano os 10 artistas e grupos saídos da aceleradora de proxectos musicais que a Xunta de Galicia está a desenvolver en colaboración coa Fundación Paideia Galiza. O evento de Boimorto contará cun escenario Sonemerxente, que toma o seu nome do da devandita iniciativa, polo que o sábado 26 pasarán Paraíso Canto, Samudra Trío, Zeltia Irevire, De Ninghures, Adrian Timms e Hydn, mentres que o domingo 27 será a quenda de Ani Baires, Helena Egea, Law e Mondra. Todos eles incorpóranse así á programación do encontro que na última fin de semana de agosto reunirá máis dunha trintena de coñecidos nomes do panorama estatal e galego, con Reincidentes, Viva Suecia e Rayden como cabezas de cartel.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de la Luz, Zeltia Irevire, Fundación Paideia Galiza, Zeltia...