
Esta mesma semana outro festival do interior galego, o SilFest de Valdeorras fixo tamén importantes anuncios no seu crecente cartel de confirmacións, para a súa quinta edición, que se celebrará entre o 23 e o 25 de xullo na praia fluvial do concello ourensán do barco de Valdeorras. O dúo Presumido do que o valdeorrés Tarci Ávila é parte-, a banda Agoraphobia, e De Vacas son xa algunhas desese nomes confirmados ademais dos veteranos Sex Museum, os emerxentes The Levitants, Veintiuno e Alberto&García. Tamén de outro importantes festivais do verán tivemos novas esta semana. Estes días pechou cartel o SonRías Baixas de Bueu, que se celebrará na localidade costeira pontevedresa entre o 30 de xullo e o 1 de agosto. Na súa liña de fusión e música urbana combativa proposta, o festival de Bueu ven de engadir ao seu xa importante oferta as actuacións de Ska-p, Rayden, El Kanka, Oques Grasses, JazzWoman, Alamedadosoulna, Arco, The Skarnivals, Maurino e Glaician Army. Estas 10 novas confirmacións súmanse aos xa anunciados Kase.O, Desakato, El Drogas, Sara Hebe, Balkan Paradise Orchestra, García Mc & Nación Quilombo. Pola súa banda o Atlantic Fest segue engadindo tmaén importantes nomes para a súa nova andaina fóra da Illa, en Vilagarcía. C.Tangana, María José Llergo, Kaixo, Ladilla Rusa e Tito Ramírez se unen hoxe a Amaia, Fuerza nueva, Carolina Durante, Javiera Mena, Derby Motoreta's Burrito Kachimba e Núria Graham como artistas confirmados, para a quinta edición de Atlantic Fest.