Coa vista posta nese inicio do ano no que o Resurrection Fest promete revelar outro cabeza de cartel importante, o festival remata aínda o 2018 con 16 nome s que engade ao seu cartel. O capítulo XI)V do festival de rock de Viveiro xa presume de ter vendido máis do 85% dos seus abonos e segue sumando nomes ao seu impresionante cartel. Nesta ocasión dezaseis bandas, entre as que hai algunhas apostas xa probadas en outras edicións do festival, como os franceses Gojira, os suecos Arch Enemy ou Millencolin. O festival tamén será unha das paradas da xira de despedida dos vascos Berri Txarrak. Entre o resto dos nomes que compoñene este anuncio de finais de ano compre destacar a presenza de tres bandas galegas: os coruñeses Dagla, os muradáns Archivo Adxunto e finalmente Back in Town, a banda de Viveiro que xoga na casa. Ademais deste nomes súmanse outros da escena nacional como como Crisix, KITAI, Close To The Sky, Cathexia, Perpetual Night. Control de plagas. Neila, Cabeza de Caballo, e Cordura.
Nesta semana de despedida do ano tamén fixo confirmacións o festival SonRías Baixas de Bueu. Os primeiros nomes para este evento que se celebrará do 1 ao 3 de agosto son os das bandas de rap ZOO e a veterana banda bilbaína Zea Mays. Os abonos están á venda para a cita de Bueu.