Resurrection Fest presenta a metade do seu cartel para 2018

As míticas bandas Kiss e Scorpions encabezan duas das xornadas do evento de Viveiro

As míticas bandas Kiss e Scorpions encabezan duas das xornadas do evento de Viveiro
O Resurrection Fest 2018 ven de facer o seu primeiro anuncio de bandas para esta décima terceira edición que terá lugar en Viveiro entre o 11 e o 14 de xullo. Cincuenta e tres dos 100 nomes que formarán parte do cartel do festival xa se coñecen desde hoxe e na parte alta, como grandes bandas atraentes de público masivo esta dous das máis míticas bandas de heavy Rock da historia, que forman parte das biografías musicais de milleiros de persoas nacidas nos anos sesenta e setenta: os americanos Kiss e os alemáns Scorpions. Na edición de 2017 contabilizáronse máis de 80.000 asistentes ao longo dos catro días e o festival acadou o Premio á mellor zona de acampada dos festivais españoles nos Premios Fest.

A inconfundible formación Kiss actuará no sábado 14 no Resurrection Fest Estrella Galicia cun espectáculo propio completo e de longa duración para o que ademais se prevén aínda sorpresas por confirmar. No venres 13 será o momento de Scorpions que de seguro interpretarán temas tan míticos como "Rock You Like A Hurricane", "Still Loving You" ou "Winds of Change". A estas dúas lendas do rock en activo súmase tamén como grande nome a banda Stone Sour, de Corey Taylor, vocalista e compositor de Slipknot, que dará en Viveiro o seu único concerto en España. Os abonos de tres días, que comezaron a venderseo pasado 19 de setembro e en dúas horas esgotaron os seis mil da primeira tanda, custan actualmente 105 € + gastos ata o vindeiro martes a medianoite cando cambiarán o prezo.

Entre os outros 50 nomes o Resurrectión Fest vai dando resposta ás diferentes propostas estilísticas do rock máis duro con nomes como Ministry, At The Gates, Overkill, Alestorm, Anti-Flag, Zebrahead, Riot Propaganda, Cancer Bats, Stick To Your Guns, Voodoo Glow Skulls, Evergreen Terrace. The Wizards, Somas Cure, Imperial Jade, Teksuo, Against The Waves, Trono de Sangre, Boneflower, Ósserp o Malämmar Stoned Jesus, Harakiri For The Sky, Monolord, Rolo Tomassi ou Mars Red Sky entre outros na enorme lista para eses catro días e da que aínda falta por desvelar 47 nomes. A intención inicial da organización era desvelar o cartel completo pero non todas as bandas poden anunciar aínda polo cal noutra quenda se completará a oferta deste Capítulo 13 equilibrando o cartel.