Cos abonos esgotados para a vindeira edición en 2022 do festival de rock duro Resurrection Fest, a organización do festival ven de presentar un evento en formato reducido para este agosto. O Resurrection Fest Estrella Galicia Limited 2021 presenta tres dÃas de concertos en Viveiro entre o 26 e o 28 de agosto e inclúe a proposta, tan escasa nestes momentos, de ter bandas da escena internacional no cartel. Ademais no cartel inclúense grupos españoles e destacadas formacións galegas coma Bala, Aphonnic ou True Mountains.
A organización mantén as expectativas optimistas do paso da quinta vaga pandémica e presenta con este "Limited" a posibilidade de ofrecer eses dÃas un pouco usual formato respecto ao que está afeito Viveiro: capacidade de asistencia limitada, público sentado, distancia social, máscaras, desinfección e o resto de protocolos a aplicar. A iniciativa lembra o intento do pasado 2020 de levar a cabo un Resurrection Fest XS practicamente nas mesmas datas, que finalmente foi cancelado ao non permitir o concello a súa celebración por razóns da "seguridade da veciñanza" naquel momento. Neste caso semella que as institucións apoian sen problema a iniciativa e tanto a Xunta a través do Xacobeo 2021-22 , a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro poñen da súa parte para a celebración deste festival que supón o fito de traer ao Campo de fútbol de Celeiro os primeiros artistas internacionais do metal a España durante a pandemia. O abonos de 3 dÃas poderán comprarse este venres, 6 de agosto.