O festival de rock Resurrection Fest de Viveiro ven de anunciar as últimas grandes incorporacións ao seu cartel da XII edición. Sepultura e Anthrax , dúas lendas da música Metal únense a todas as actuacións xa confirmadas en decembro e encabezadas polos alemáns Rammstein. Ademais destas dúas bandas, confirmáronse tamén a presenza engadida de dúas formacións galegas: os vigueses Aphonnic –que tocarán na festa de presentación -, e Display of Power , banda coruñesa que fai tributo ao grupo Pantera. A organización tamén confirmou a presenza no festival que se celebra entro o 5 e o 8 de xullo das bandas The Menzingers, Talco, Undeclinable Ambuscade, Cj Ramone, os Obey The Brave , os mexicanos Here Comes The Kraken e Parazite. A organización do festival ofrece entradas a prezo reducido para os empadroados en Viveiro. Só poderán gozar destes abonos os censados fai máis de 6 meses O prezo será de 70 € para os abonos de 3 dÃas e 140 € para as Pandemonium. Fai uns dÃas anunciaban que xa levaban vendidos o 75% dos seus abonos de tres dÃas.