Hoxe foi outro deses dÃas nos que os Resurrection fest de Viveiro consegue poñerse no centro de atención. O festival de rock sacou hoxe á venda os derradeiros abonos que lle quedaban, e as poucas entradas por dÃas das que deron en dispoñer a favor dos abonos. O festival ademais anunciou novas confirmacións, algunhas delas importantes coma a da banda Amon Amarth, un cabeza de cartel do xénero quer estará xa na xornada inaugural do mércores, 1 de xullo. Ademais as confirmacións de nomes para o evento engadiron en total case 70 nomes dunha soa vez e entre eles hai unha representación da escena galega do rock, con once bandas que chegarán das catro provincias galegas, encabezada polos vigueses Aphonnic, unha das formacións máis consolidadas do paÃs na música metal. Ademais deles engádense nesta xeira outros nomes como True Mountains dÂ’A Coruña; Chris Masuak and the Viveiro Wave Riders Association; Bloodhunter; Golpe Radikal, dÂ’A Pobra do Caramiñal; Wasted Wiltons; Acidproyect, de Ourense; Arsian, dÂ’A Coruña; Vieitör, de Monforte; Kaleikia, e Turbo Kraks, de Ferrol. A xulgar pola demanda previa o festival de Viveiro está hoxe moi cerca da venda completa.