System of A Down, Judas Priest e Korn abren o cartel do vindeiro Resurrection Fest

As entradas para o evento de Viveiro póñense á venda o vindeiro 1 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
System of A Down, Judas Priest e Korn abren o cartel do vindeiro Resurrection Fest

A organización do Resurrection Fest de Viveiro arrincaba con forza os anuncios sobre a vindeira xeira do evento o pasado venres a adiantar a presenza de System of A Down como cabeza de cartel. O festival de Viveiro contará coa única actuación da banda a nivel estatal durante o ano. A este adianto sumábase na mañá deste 23 de setembro o anuncio dunha longa lista de confirmacións que visitarán Viveiro entre os vindeiros 1 e 4 de xullo. Os veteranos Judas Priest, canda a Korn, Meshuggah, Heaven Shall Burn, Sepultura, Madball, Jinjer, Dark Funeral ou Amenra súmanse á proposta de saída como principais nomes internacional. A estes engádense propostas como os españois Hamlet, Blowfuse ou Onza entre moitos outros. As entradas poranse á venda o vindeiro 1 de outubro.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viveiro, Resurrection Fest, Hamlet

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares