Como se do sorteo de loterÃa de Nadal se tratase o Resurrection Fest foi soltando hoxe desde o mediodÃa pouco a pouco os nomes de 64 bandas que encherán o cartel da súa vindeira edición. Con milleiros de seguidores do festival agardando cada nome e celebrándoo nas redes sociais desde a organización foise facendo unha progresión de anuncios desde a zona baixa que foron deixando para o final as actuacións máis esperadas. Transcorreu unha hora desde os primeiros nomes ata que á unha en punto sóubose que serÃa a banda xermana Rammstein, no seu único concerto na penÃnsula, a que encabezarÃa o cartel deste ano. Entre os outros nomes xa na segunda liña está a banda de punk rock californiana Rancid, os australianos Airbourne (Hard Rock) ou Napalm Death (Grindcore) entre outros. Eran milleiros os seguidores do festival que agardaban que este ano se puidese ver en Viveiro á banda Metallica pero as súas expectativas semella que terán que agardar a outra edición.
Como xa é habitual o Resurrection reunirá entre o 5 e o 8 de xullo na localidade lucense grupos de moi diversas nacionalidades e os estilos habituais do festival , desde Australia, Francia, Alemaña, Portugal ou os EUA ata a sempre destacada presenza de propostas do norte de Europa, Suecia, Finlandia ou Noruega. A presenza do rock de Galicia na edición do 2017 estará representada por cinco bandas: GUERRERA, o dúo BALA, Trashnos, Bastards on Parade e Mutant. Desde hoxe mesmo saen á venda 2500 abonos ao prezo actual (95 € máis gastos), que unha vez esgotada esta tirada poderán adquirirse por 115 € más gastos. O festival de Viveiro recibiu o Premio Fest ao mellor Festival de Gran Formato de España no ano 2016 e calcúlase que xera na súa área un impacto económico superior aos 10 millóns de euros congregando, na súa anterior edición a máis de 80.000 asistentes.