O público asiduo ao festival Resurrection Fest de Viveiro está de celebración, a organización ven de desvelar que a banda estadounidense Slipknot será cabeza de cartel da súa XIVª edición en 2019. O grupo de metal alternativo coñecido polas súas caracterÃsticas máscaras era unha das formacións máis reclamadas cada ano polos seguidores do Resurrection. A promotora Old Navy Port viña tratando de conseguir á banda desde facÃa anos pero nunca daban acadado a súa contratación, mesmo o pasado ano houbo unha certa aproximación xa que o cartel incluÃu a actuación de Stone Sour, outra banda de metal alternativo fundada e da que forma parte o vocalista de Slipknot, Corey Taylor. Slipknot presentan disco este ano e traerán a Viveiro unha posta en escena con produción completa, o que augura un deses espectáculos épicos que tan propios son xa do Resurrection.
Pero do cartel ata agora presentado tamén ven de caerse unha das bandas. A organización tivo que tomar esta decisión ante a polémica creada pola contratación dos americanos As I Lay Dying, toda vez que o seu cantante e lÃder Tim Lambesis foi achado culpable e feito preso en Estados Unidos por ter contratado un sicario para asasinar á súa ex-parella. O festival, que como gran parte deles conta co punto Violeta de asistencia contra a violencia de xénero e leva a cabo outros protocolos de seguridade cara as mulleres, emitiu un comunicado no que defende a decisión de ter incluÃdo á banda As I Lay Dying na edición deste ano, "ao igual que farán moitos outros dos principais festivais europeos", levados pola súa confianza na reinserción social e no "dereito das persoas a rehabilitarse tras ter cumprido unha condena", afirman. Malia todo e para salvagardar a esencia de celebración festiva musical do evento ante a división de opinións a organización púxose en contacto coa banda e conviron en cancelar a súa actuación en prol de "manter o ambiente dominante de concordia entre toda a comunidade do festival".