Esmorga Fest pon en marcha a súa quinta edición

O festival de Sarria celebrarase en marzo e xa ten confirmacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Esmorga Fest pon en marcha a súa quinta edición

O Esmorga Fest, festival independente de música alternativa, ven de confirmar unha nova edición e os primeiros nomes para o seu cartel. A que será a quinta edición deste evento de Sarria celebrarase na fin de semana do 15 e 16 de marzo de 2019. Xurdido dun crecemento orgánico dunha celebración particular anual para a que ían contratándose bandas indies, o Esmorga Fest incorpora un ano máis nomes de referencia na escena alternativa e nesta ocasión os tres primeiros nomes son os da banda madrileña de rock instrumental Toundra, o cuarteto murciano Perro e a formación posthardcore vasca Ànteros. O festival xa comezou a poñer a venda os primeiros abonos a prezos reducidos.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Esmorga, Sarria, Rock, Facebook...