O festival Esmorga Fest de Sarria recolócase en novembro

A 34ª edición do Festival de Poesía do Condado farase no 2021

O festival Esmorga Fest de música alternativa de Sarria foi un dos primeiros eventos culturais afectados polo Estado de Alarma. Tiña prevista a súa celebración xustamente os días 13 e 14 de marzo e viu caer a súa celebración do xeito sorprendente que foi para todos. Agora a organización deste festival independente ven de facer un exorcizo de actitude positiva anunciando novas datas e a intención de manter o mesmo cartel anunciado para esta sexta edición. O outono acollerá o rexurdido Esmorga Fest nos días 13 e 14 de novembro, en Sarria e nos vindeiros días irán confirmando a oferta musical para esas novas datas . A organización está, en calquera caso, levando a cabo a devolución de abonos ata o vindeiro día 20 de abril.

Quen si que deixará pasar este ano enteiro para volver á actividade é o Festival de Poesía do Condado, que xa comunicou a súa intención de non levar a cabo a edición que lle tocaba, a 34ª que estaba programada para o 4 e 5 de setembro en Salvaterra do Miño. A organización da SCD. Condado e do Concello ven imposible garantir que nesas datas poida celebrarse o evento e que poida manterse o sistema de autoxestión e autofinanciamento que o sostén, máis aínda se nesas datas teñen que entrar en competencia con outros eventos que están a desprazarse cara finais de agosto e setembro. Desde a Scd. Condado fan un chamamento a institucións, asociacións culturais e industria cultural para aumentar entre eles a comunicación coa fin de coordinarse pra non facer coincidir os eventos reprogramados pola causa a emerxencia sanitaria. En principio a 34ª edición do festival de Poesía do Condado celebrarse no mes de setembro de 2021.